O Club de lectura da Asociación de Mulleres O Abeiro celebrará un vermouth literario presentado e moderado por Laura Tato, profesora de lingua galega e investigadora na UDC, o sábado 15 de novembro. O acto terá lugar na Cámara Agraria de Marín a partir das 13h.
A actividade está pensada para compartir a palabra, reflexións e vermouth ao redor da obra de Alberto Méndez, "Los girasoles ciegos" nun espazo tan singular.
A entrada ao acto é libre para todas aquelas persoas interesadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario