O vindeiro domingo 21 de setembro a Asociación de Mulleres O Abeiro inaugura o curso 2014/2015 coa celebración dun novo Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar).
No mercado que comezará ás 11h na Alameda Rosalía de Castro de Marín (no caso de chuva o mercado trasladarase ao multiusos da praza de abastos de Marín) haberá unha zona de venda de artigos de segunda man: roupa, calzado, xoguetes, libros, bolsos, filmes, etc...a prezos moi económicos.
Tamén haberá outra zona para o troque na que as persoas a nivel particular poderán cambiar entre si os diferentes artigos, serán cambios de particular a particular sen ánimo de lucro.
Desde O Abeiro queremos animar a todas as persoas a colaborar e doar todas aquelas cousas que xa non usen e que outras persoas poidan utilizar. En tempo de crise a solidariedade é un apoio preciso para que todas as persoas poidamos seguir adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario