A Asociación de Mulleres O Abeiro inaugura a nova tempada do club de lectura o vindeiro 26 de setembro ás 18:30h na cámara agraria co libro Anna Karenina de Lev Tolstoi. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Ana Karénina (Áнна Карéнина, Anna Karénina) é unha novela do escritor ruso León Tolstoi publicada por primeira vez en 1877.
A novela está considerada unha das mellores obras do realismo. Para Tolstói, Anna Karéninafoi a súa primeira verdadeira novela.
Ana Karenina, estremecedora historia de adulterio no ámbito da alta sociedade rusa da época. Nesta Tolstói reflicte a súa visión da sociedade urbana, símbolo dos vicios e o pecado, en oposición á vida sa da natureza e do campo. Dese mundo necio e patolóxico da cidade é vítima Ana Karenina, que se converteu nunha figura clave da literatura universal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario