jueves, 18 de septiembre de 2014

Nova do Marín3R no Faro de Vigo


Para ver a nova no Faro de Vigo pulsa aquí

Club de lectura: Anna Karenina

A Asociación de Mulleres O Abeiro inaugura a nova tempada do club de lectura o vindeiro 26 de setembro ás 18:30h na cámara agraria co libro Anna Karenina de Lev Tolstoi. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Ana Karénina (Áнна КарéнинаAnna Karénina) é unha novela do escritor ruso León Tolstoi publicada por primeira vez en 1877.
 A novela está considerada unha das mellores obras do realismo. Para Tolstói, Anna Karéninafoi a súa primeira verdadeira novela.
Ana Karenina, estremecedo­ra historia de adulterio no ámbito da alta sociedade rusa da época. Nesta Tolstói reflicte a súa visión da sociedade urbana, símbolo dos vicios e o pecado, en oposición á vida sa da natureza e do campo. Dese mundo necio e patolóxico da cidade é vítima Ana Karenina, que se converteu nunha figura clave da literatura universal.  

Marín3R

O vindeiro domingo 21 de setembro a Asociación de Mulleres O Abeiro inaugura o curso 2014/2015 coa celebración dun novo Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar).
No mercado que comezará ás 11h na Alameda Rosalía de Castro de Marín (no caso de chuva o mercado trasladarase ao multiusos da praza de abastos de Marín) haberá unha zona de venda de artigos de segunda man: roupa, calzado, xoguetes, libros, bolsos, filmes, etc...a prezos moi económicos.
Tamén haberá outra zona para o troque na que as persoas a nivel particular poderán cambiar entre si os diferentes artigos, serán cambios de particular a particular sen ánimo de lucro.
Desde O Abeiro queremos animar a todas as persoas a colaborar e doar todas aquelas cousas que xa non usen e que outras persoas poidan utilizar. En tempo de crise a solidariedade é un apoio preciso para que todas as persoas poidamos seguir adiante.

Excursión de fin de curso

O pasado 29 de xuño a Asociación de Mulleres O Abeiro para a clausurar o curso 2013/2014 organizou unha excursión ás terras do Deza.
As socias e amigos da asociacion puideron gozar do fermoso Pazo de Oca, o Mosteiro do Carboeiro, a fervenza do río Toxa entre outros lugares da comarca dezana.