O venres 10 de outubro a Asociación de Mulleres O Abeiro xunto con Adicam (Asociación de diagnsticadas de cancro de mama) organizou unha charla na biblioteca de Marín sobre a prevención do cancro de mama.
Para falar deste tema estivo presente o doutor Jesús Sánchez Nebra, especialista en cirurxía xeral e dixestiva do hospital Miguel Domínguez de Pontevedra a quen lle agradecemos a súa colaboración desinteresada.
Así como tamén agradecer ao numeroso público asistente ao acto a súa presenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario