Día: 27 de
xuño
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro
celebra o venres 27 de xuño ás 18h a última sesión do seu club de lectura deste
curso co libro “As rulas de Bakunin” de Antón Riveiro Coello. A Asociación de
Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que
participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena
biblioteca a disposición das súas socias.
Antón Riveiro Coello percorre nesta
fascinante novela o pasado século XX, o agrarismo, a República, a guerra civil,
a represión, a emigración e a democracia da man dun vello militante anarquista,
Camilo Sabio Doldán, que nos conta a súa historia, misturando o tempo actual
coa súa nenez, a súa xuventude e a súa madurez e a historia de España
nesa época.
As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os
perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande
pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía.
O libro editado por Galaxia no ano
2000 xa foi traducido e editado en portugués - As rolas de Bakunine (Deriva, 2006)- , ao castelán - Los hijos de Bakunin (Ediciones El Andén, 2008) - e ao italiano - I figli di Bakunin (Edizioni dell Urogallo, 2009).
No hay comentarios:
Publicar un comentario