Acto: Club de lectura "Privado de título"
Día: 25 de abril
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de
Mulleres O Abeiro celebra este venres, 25 de abril, ás 18h unha nova xuntanza
do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é
"Privado de título" do que hai unha referencia un pouco máis
abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas
amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a
asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Nunha nova demostración
das súas dotes narrativas, que nesta novela alcanzan novas cotas de
excelencia, Andrea Camilleri reafirma a súa categoría de mestre do retrato
psicolóxico e social. Sen renunciar ao ton socarrón que o caracteriza, o gran
autor siciliano aborda con rigor a investigación duns feitos verídicos
acontecidos durante as primeiras décadas do século pasado, expoñendo sen
remilgos a capacidade do poder político para envolver a realidade nun manto de
mistificación e retórica exaltadora, ata o punto de levala ao límite do
absurdo.
Corre o ano 1941 cando
o narrador asiste cos seus compañeiros de colexio á conmemoración da morte do
mozo Gigino Gattuso, o «único mártir fascista siciliano», que vinte anos atrás
caira durante un enfrontamento cun grupo de militantes comunistas. Paso a paso
e detalle a detalle, como se dunha moviola se tratase, o autor repasa a
secuencia dos acontecementos, alternando a malicia burlona cunha magnánima
compaixón polas vítimas dos dous bandos, a súa maneira sempre inocentes. Tan
inocente é o comunista inculpado como o difunto fascista, obviamente alleo á
póstuma conspiración política que o despoxou da dignidade de simples morto «sen
título». E como se o relato desta farsa non bastara, Camilleri engade,
a modo de colofón, a monumental fantochada que supuso o proxecto Mussolinia, a
cidade-xardín ideada poos xerarcas de Caltagirone para deixar testemuño eterno
da gloria do Duce.
Enormemente divertido
á par que profundo, ninguén como Andrea Camilleri para alumear os
aspectos máis escuros e tráxicos do espíritu human
No hay comentarios:
Publicar un comentario