viernes, 18 de abril de 2014

Actividades Abril


Acto: Club de lectura "Privado de título"
Día: 25 de abril
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
 A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra este venres, 25 de abril, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "Privado de título" do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Nunha nova demostración das súas dotes narrativas, que  nesta novela alcanzan novas cotas de excelencia, Andrea Camilleri reafirma a súa categoría de mestre do retrato psicolóxico e social. Sen renunciar ao ton socarrón que o caracteriza, o gran autor siciliano aborda con rigor a investigación duns feitos verídicos acontecidos durante as primeiras décadas do século pasado, expoñendo sen remilgos a capacidade do poder político para envolver a realidade nun manto de mistificación e retórica exaltadora, ata o punto de levala ao límite do absurdo.
Corre o ano 1941 cando o narrador asiste cos seus compañeiros de colexio á conmemoración da morte do mozo Gigino Gattuso, o «único mártir fascista siciliano», que vinte anos atrás caira durante un enfrontamento cun grupo de militantes comunistas. Paso a paso e detalle a detalle, como se dunha moviola se tratase, o autor repasa a secuencia dos acontecementos, alternando a malicia burlona cunha magnánima compaixón polas vítimas dos dous bandos, a súa maneira sempre inocentes. Tan inocente é o comunista inculpado como o difunto fascista, obviamente alleo á póstuma conspiración política que o despoxou da dignidade de simples morto «sen título». E como se o relato desta farsa non bastara, Camilleri engade, a modo de colofón, a monumental fantochada que supuso o proxecto Mussolinia, a cidade-xardín ideada poos xerarcas de Caltagirone para deixar testemuño eterno da gloria do Duce.
Enormemente divertido á par que profundo, ninguén como Andrea Camilleri para alumear os aspectos máis escuros e tráxicos do espíritu human